ESFINGES, CODIGOS QR E KAHOOT

Seguimos adiante co proxecto de Exipto!

Estamos aprendendo sobre a esfinge de Guiza. O venres fixemos unha lectura e comezamos a adentrarnos nos misterios deste gran monumento.

Hoxe cando chegamos a clase tíñamos unha actividade preparada. Dividímonos en dous grupos. Cada un tiña unha tablet. Asignámonos dous roles moi claros: escritores e encargados da tablet (coidar que se empregue ben), o resto dos compañeiros axudarían a levar a cabo a tarefa aportando información.

Ademáis das tablets tíñamos un código QR para cada grupo. Na tablet contábamos cun lector de codigos QR que usamos para leer cada quen o seu. Animádevos a escanealos na casa!



Tras entender o que estes códigos escondían respondimos a unhas preguntas primeiro con papel e lápiz e logo dun xeito diferente... Empregamos KAHOOT!

Con Kahoot xogamos en grupos a un xogo de preguntas e respostas sobre a esfinge de Guiza. 




Foi emocionante! Divertímonos moito e aprendemos maís sobre Exipto e as súas curiosidades! Mirade!




Volveremos a xogar con Kahoot!



No hay comentarios:

Publicar un comentario