RESPIRAMOS EN CITY

Esta semana en City tivemos un taller de respiración. 

E porqué un taller de respiración? 


Pois a nosa alcaldesa pediunos axuda no seguinte vídeo xa que ten que asistir a unha reunión moi impotante que lle quita o sono e precisa descansar e relaxarse. 
A semana pasada traballamos a relaxación e aprendemos a indentificar cando estabamos nerviosos e cando relaxados. Apreciamos como se tensan os músculos cando estamos nerviosos e como afrouxan cando nos sentimos calmados. 

Esta semana dedicámonos á respiracíon porque a alcaldesa vai ter que falar con xente moi importante e precisa comunicarse adecuadamente. Para facelo necesita respirar ben coordinando o aire que almacenamos coa fala.




Quedounos claro que debemos coller aire pola nariz e expulsalo pola boca para facilitar a respiración. Pouco a pouco iremos aprendendo a respirar ben para producir unha voz adecuada e comunicarnos mellor.

Queremos dar as gracias á mestra Almudena quen nos ensinou moito sobre como é unha respiración adecuada e nos axudou a que realizasemos as paradas do taller de respiración da mellor maneira posible.

Aquí deixamos unhas fotos do taller.



PARADA DE CARREIRA DE SOPLO


PARADA DE PARTIDO DE FÚTBOL DE SOPLO


PARADA DE BURBULLAS


CADA GRUPO NA SÚA PARADA


¡QUE IMPORTANTE É RESPIRAR BEN!

No hay comentarios:

Publicar un comentario