FOI UN GRAN CURSO

Grazas!

Esta é a palabra que marca o curso 2017-2018.

Grazas áos nenos e nenas de 2º de Primaria do CPI As Revoltas polos 9 magníficos meses que marcaron este curso. Foron moitas as aprendizaxes que levamos nas nosas mochilas.
Grazas ás familias de todos e cada un destes nenos e nenas por facilitar o traballo tanto como o fixeron e por traballarmos en equipo como o fixemos para sacar adiante o curso dos seus fillos e fillas.
Grazas a todo o equipo docente e non docente do centro por axudar a que cada día fluise.

Grazas! E mais GRAZAS!


Así comezamos o curso!

Así o rematamos!

Aquí están as fotiños do último e emotivo día de cole!



Eternamente agradecida!

APRENDEMOS XOGANDO

Durante os últimos días de cole aprendemos xogando e adestramos habilidades básicas como a memoria, atención, razoamento lóxico e outras.
En grupos xogamos a diferentes xogos.




Tamén xogamos co spinner a modo de "spinner educativo". Con el repasamos as táboas de multiplicar, inventamos historias, manexamos diñeiro e creamos palabras.




DE RUTA E CONVIVENCIA EN VALARÉS

Como remate de curso fixemos a ruta a Valarés e alí convivemos todo o cole xogando ata a tarde.

Mirade estas fotiños para ver o ben que o pasamos e como gozamos do día!

















UN DÍA PARA O RECORDO!


MONSTRUO - CUMPLE DE ALISON

Así foi o gran día da monstruiña Alison!


PARABÉNS!

 

Compartiu connosco unha riquísima merenda que disfrutamos todos xuntos así de ben!




GRACIAS ALISON!

XOGAMOS COA TÁBOA DO 9

Rematamos as táboas! Por último, vamos coa táboa do 9!

1. Pincha nos recadriños rosas para xogar con diferentes xogos e practicar a táboa do 9.


2. Como co resto das táboas, primeiro practicaas e logo tenta conseguir o teu DIPLOMA!


3. Escolle a táboa do 9 e busca o submarino que leva a resposta correcta!


4. Resolve o puzzle da táboa do 9 acertando as multiplicacións!


5. Tenta gañar esta carreira de animais acuáticos acertando as multiplicacións. Primeiro escolle que personaxe queres ser, logo a táboa do 9 e a nadar!


APRENDE XOGANDO!


SUPERAMOS A PROBA E VENCEMOS O FEITIZO

A terceira proba do Señor do Tempo foi superada con éxito! Unha nova carta deunos esta gran nova e un novo selo no noso Pasaporte cavernícola certifíca que así é.

Non tardamos en recibir unha nova proba! Ía ser a derradeira! 

Agora xa pasamos a coñecer as construccións megalíticas da Prehistoria: os castros e os dolmenes. Tivemos que contruír un castro e cada un de nos o seu dolmen! 😱

Comezamos documentándonos un poco sobre o tema con este conto de Os Bolechas:



E para saber máis sobre o dolmen recordamos a visita que fixemos a Dombate.

Para construir o castro empregamos plantillas en cartolina que tivemos que pintar, recortar e pegar.



Tamén construimos os dolmens cun collage de diferentes materiais: cartolina, goma eva e témperas de cores. Así de vistosos nos quedaron!




Despois dunhas sesións como arquitectos do pasado chegou ao noso buzón a que sería a última carta do Señor do Tempo! Que poñía esa carta?



SUPERAMOS A PROBA E... VENCEMOS O FEITIZO DO SEÑOR DO TEMPO! 
SIII! DEVEOLVIMO O COLE Á ÉPOCA ACTUAL!

O Señor do Tempo mandounos xunto coa carta unha recompensa, un lápis cun dentes de sable para cada un!



NORABOA rapaces e rapazas, fixestes un traballo en equipo espectacular para vencer o feitizo! 💪 


SEGUIMOS CO TALLER DE RESPIRACIÓN

En Clase City seguimos aprendendo a respirar adecuadamente.

Nesta ocasión probamos a xogar coa plastilina facendo churros ben grandes que logo enrolamos con forma de espiral creando así un camiño para a bola que logo soplamos. 
A profe Almudena deunos as instruccións e puxémonos a deseñar e soplar.

Mirade como practicamos!